¿Cómo localizarnos?

C/Juan Florez, número 36, 1º D y J
(Torre de los Maestros)
15.004 - A Coruña
España

>> Ver mapa

Teléfono : 981 234455

Horarios:

  • Martes y Jueves (de 19:00 a 20:30)
  • 1er Domingo de mes (12:00 a 13:30)
  • Verano y Navidad (Horarios especiales)

Próximos Eventos

No hay próximos eventos actualmente.

Siguenos en

19/05/2021 | Categoria: exposiciones

EXPOSICIÓN FILATÉLICA “PONTEDEUME E A CORUÑA, DÚAS ETAPAS NO CAMIÑO INGLÉS”

Con motivo do 750 aniversario da fundación de Pontedeume e a celebración do Xacobeo 2021, o Concello de Pontedeume xunto coa Sociedade Filatélica “Eume” e a Sociedade Filatélica de A Coruña, organiza a exposición “Pontedeume e A Coruña, dúas etapas no Camiño Inglés”.

Cartel de la Exposición Filatélica Pontedeume e A Coruña, duas etapas no Camiño Inglés

Esta exposición, que permanecerá aberta entre os días 3 e 17 de xuño en horario de 18 a 20 horas no Convento dos Agostiños (Casa da Cultura), brindará un percorrido pola historia da filatelia e o seu destacado papel dando a coñecer a importancia das diferentes rutas xacobeas, a riqueza do patrimonio arquitectónico e cultural que atesouran ou incluso a relevancia da influencia xacobea en América.

A iniciativa virá acompañada da emisión de dúas series de selos conmemorativos que farán referencia á celebración desta exposición que une a Pontedeume e A Coruña dentro das etapas do Camiño Inglés e aos 750 anos desde a fundación da vila dos Andrade. Estos selos estarán disponibles, de maneira gratuíta, na Oficina de Turismo e en estancos e quioscos.

Na mostra, organizada grazas á cesión por parte de particulares de diferentes coleccións nacionais, autonómicas e locais, tamén se poderán atopar referencias á historia do correo con marcas postais de correspondencia circulada entre os século XVIII e XIX, e de maneira específica sobre a historia da correspondencia en Pontedeume.

Convento dos Agostiños (Casa da Cultura)

Convento dos Agostiños (Casa da Cultura)

Reseña de prensa:

Pontedeume organiza una exposición filatélica en el marco del 750 aniversario de su fundación